Spider-Man chegará en setembro a PS4 con consolas a xogo
venres, 20 de xullo do 2018
Aproveitando a celebración da Comic Con de San Diego,
Insomniac Games presentou un
novo tráiler do xogo de Spider-Man
que está a desenvolver en exclusiva para PlayStation 4, no que dan detalles
sobre a historia do xogo, deixando ver personaxes como Norman Osborn, Silver
Sable, Mary Jane Watson e Miles Morales; estreando tamén un vÃdeo no que dan
conta dos tres traxes especiais de Spider-Man que recibirán como gratificación
os consumidores que merquen o xogo de xeito anticipado.
Tráiler de Spider-Man estreado na Comic Con
Pero as novidades non quedaron nas pezas audiovisuais, senón que tamén
adiantaron que o 7 de setembro van lanzar edicións
especiais da PlayStation 4 e a PlayStation 4 Pro en cor vermella co logotipo de
Spider-Man en cor branca, e cun
mando DUALSHOCK 4 a xogo, na que posiblemente sexa unha das versións da consola
de Sony máis rechamantes, pola súa agresiva escolla de cores. Estas consolas
incluirán o xogo do Home Araña en disco e disco duro de 1 TB, asà como un código
de descarga para o DLC La ciudad nunca duerme.
Para quen queira mercar unha consola co xogo, e prefira optar por unha cor máis
discreta, tamén venderanse lotes de PS4 negras con 500 GB de disco duro, con 1
TB de disco duro (con 1 ou 2 mandos) e tamén de PS4 Pro con 1 TB de disco duro.
- A PS4 Pro con disco duro de 1 TB tamén terá versión en cor vermella
VÃdeo de presentación dos traxes que recibirán os que reserven o xogo