Spider-Man terá un novo videoxogo no outono

venres, 18 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os últimos videoxogos de Spider-Man defraudaron a moitos afeccionados, pois ou eran demasiado básicos ou se limitaban a aproveitar o lanzamento dunha película para facer pasar aos seguidores do lanzarredes por caixa, o que Activision parece querer arranxar con Spider-Man: Web os Shadows, que sairá no outono para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2, PSP, PC, Nintendo DS e Wii.
O novo título destacará por contar cunha historia orixinal e non atar ao xogador cunha trama lineal, dando liberdade aos usuarios, que poderá elixir entre seguir un camiño recto loitando contra o mal ou ignorar as distintas misións e converterse nun anti-heroe que só busca o seu propio beneficio.
Aínda que non se dan moitos detalles, no xogo aparecerán distintos heroes e viláns do Universo Marvel, e os enfrontamentos e combates terán graves repercusións sobre a cidade de New York. Teremos así un xogo máis escuro ao que estamos acostumados, ou tal nos dá a entender o trailer do mesmo:

PUBLICIDADE