Spike Lee presenta en Venecia o Babelgum Online Film Festival

martes, 4 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O director de cine norteamericano Spike Lee acudiu á Mostra de Venecia, onde está a facer de padriño do Babelgum Online Film Festival, que será unha festa do cine na Rede que contara con 6 premios de 20.000 dólares cada un e terá un xurado popular que fará a primeira selección dos filmes.
As películas que se presenten ó festival virtual poderán verse a través da plataforma de Babelgum (que parece querer converterse nunha alternativa a Joost) aceptándose novas pezas ata febreiro de 2008. Logo comezaría unha segunda fase coa selección das mellores películas por parte do público e, finalmente, o propio Spike Lee elixirá ás películas premiadas nas seccións de mellor película (non superior a 45 minutos), mellor corto (de menos de 20 minutos), mellor documental, mellor traballo social ou medioambiental e mellor anuncio publicitario.