Splinter Cell Conviction destaca entre os Xogos con Gold de xullo

xoves, 28 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Microsoft vén de facer públicos os xogos que recibirán en xullo os subscritores de pagamento de Xbox LIVE, combinando xogos irrelevantes para Xbox One con dous grandes xogos para Xbox 360 (que grazas á retrocompatibilidade poden xogarse tamén en Xbox One).
A partires do 1 de xullo poderase descargar Assault Android Cactus para Xbox One, e haberá que esperar até o 16 de xullo para facerse con Death Squared, aínda que estes xogos de Xbox One son completos descoñecidos, mentres que os xogos de Xbox 360 son títulos que no seu día foron grandes éxitos, como o título de loita Virtua Fighter 5 Final Showdown, dispoñible a primeira quincena do mes, para pasarlle logo o relevo a un grande xogo, Splinter Cell Conviction, o retorno de Sam Fisher, personaxe que ten un total de 7 xogos desta serie, de xeito que os que gusten desta entrega seguro que quedarán con ganas de que Splinter Cell: Blacklist, derradeira entrega da saga, se incorpore tamén aos Xogos con Gold.

JPEG - 129.2 KB
Splinter Cell Conviction é a penúltima entrega dunha saga até o momento inédita en consolas da presente xeración

PUBLICIDADE