Star Wars Battlefront II celebra a súa beta aberta esta fin de semana

venres, 6 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Esta fin de semana Microsoft celebra os seus Free Play Days For All, ou sexa, que permite que os usuarios de Xbox One e Xbox 360 poidan xogar en liña sen ter que pagar pola subscrición Gold de Xbox LIVE, o que permite probar así a experiencia de xogos en liña, o que estes días resulta especialmente atractivo xa que coincide coa beta aberta de Star Wars Battlefront II.
Para poder gozar da beta multi-xogador de Star Wars Battlefront II chegará entón con descargar a versión de proba da tenda de Xbox One, aínda que tamén está dispoñible para PlayStation 4 e para PC, de xeito que durante estes días serán moitos milleiros de usuarios os que animaranse a participar en enfrontamentos de até 40 xogadores como heroes emblemáticos e soldados auténticos de distintas épocas do universo de Star Wars.
A beta multi-xogador permitiranos formar equipo cos amigos, elixir entre catro clases de soldados únicas e escoller entre distintos heroes e viláns con cadansúas armas, habilidades e fortalezas exclusivas que poderán desatarse en combate.

Vídeo promocional dos Free Play Days For All

PUBLICIDADE