Star Wars Episode I: Racer terá versión para PS4 e Switch
venres, 17 de abril do 2020
O clásico xogo Star Wars Episode I: Racer, que en
1999 veu a luz para ordenadores persoais e consolas como a Nintendo 64 e a
Dreamcast, contará
a partir do 12 de maio cunha versión definitiva para PlayStation 4 e
para Nintendo Switch, recuperando asà este curioso xogo de carreiras no que
temos que pilotar unha das vaÃñas do Episodio I da saga galáctica de George
Lucas.
Este xogo poderÃa definirse como de carreiras de karts intergalácticos, e como
levaba moito tempo afastado de consolas actuais, dende Aspyr decidiron que para
a súa recuperación era necesario introducirlle melloras, como incrementar a
resolución das secuencias cinemáticas do xogo (exportadas agora até en 4K),
adaptar os controis para que resulten cómodos nas consolas actuais (axustándose
ao deseño do mando DualShock da PS4 e dos Joy-Cons da Switch) e incluso
integrar caracterÃsticas como o trofeos.
AÃnda que o feito de que este tÃtulo chegue a PS4 pode resultar bastante natural,
a versión para Switch é especialmente significativa, xa que este tÃtulo tivo
como primeira consola a Nintendo 64, de xeito que relanzarse
noutra consolas de Nintendo é pechar o cÃrculo.
- O lanzamento do xogo en Switch supón pechar un cÃrculo iniciado pola versión de Nintendo 64 en 1999