Star Wars terá un novo xogo de VR para visores Meta Quest

venres, 28 de marzo do 2025 Marcus Fernández

ILM e Lucasfilm anuncian que están a desenvolver Star Wars: Beyond Victory - A Mixed Reality Playset, unha experiencia exclusiva para visores Meta Quest 3 e 3S ambientada na época de Solo, aínda que cunha historia nova na que coñeceremos a Volo Bolus, unha nova promesa que se une ao lendario piloto de carreiras de vaíñas Sebulba.
Os detalles sobre este novo título daranse a coñecer durante a Star Wars Celebration que se celebrará do 18 ao 20 de abril no Xapón, onde ofrecerán como agasallo un cómic orixinal da Marvel no que explorarán a historia previa á experiencia de realidade mixta. Esta banda deseñada contará con portada de Phil Noto, guión de Ethan Sacks e ilustracións interiores de Will Sliney, Steven Cummings e Shogo Aoki.
Os asistentes á Star Wars Celebration contarán con máis dunha ducia de estacións de xogo con Star Wars: Beyond Victory - A Mixed Reality Playset, así como probar demos doutros títulos populares como Vader Immortal: A Star Wars VR Series e Star Wars: Tales from the Galaxy’s Edge.

O novo xogo de VR estará protagonizado por Volo Bolus