Starcon será o primeiro evento galego sobre videoxogos de 2025

venres, 24 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Os afeccionados aos videoxogos e á cultura xaponesa non terán que agardar á primavera para poder participar nun evento ao seu xeito, pois as instalacións de Studio Follow (na rúa Gambrinus da Coruña) acollerán en pleno Entroido a celebración da Starcon, o primeiro dunha serie de eventos organizados pola axencia Star Up que chegarán á Coruña ese ano.
A Starcon celebrarase entre o 1 e o 3 de marzo, e neste evento poderemos atopar videoxogos variados, actividades de cosplay, karaoke, xogos de mesa e un mercado de artesáns, na liña doutras citas semellantes que cada vez son máis habituais en Galicia.
Cómpre salientar que estamos ante un evento de pagamento, no que pódese participar pagando 3 euros por día ou 5 euros polos 3 días que conforman esta prometedora edición.