Steam e a PlayStation Network tiveron problemas de funcionamento no Nadal

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Os usuarios de Steam puideron ver durante preto dunha hora información persoal que non se correspondía coa da súa conta de usuario por un erro de configuración das cachés

A xornada de Nadal foi algo accidentada nas plataformas de xogo en liña, e entres a PlayStation Network tiña problemas para xestionar as numerosas altas de usuarios que experimentaron en tal data (con retrasos nos correos electrónicos de verificación de identidade), en Steam os problemas foron moito máis graves, xa que moitos usuarios atoparon que ao acceder ao servizo, en vez de ver a súa información, presentábase na súa pantalla información persoal doutros usuarios, o que facíaos temer o peor: unha intrusión que puidese expor os seus datos.
Durante o fallo, non era posible editar os datos doutros usuarios, senón que simplemente afectaba á información que se amosaba en pantalla, o que levou a Steam a pechar temporalmente a súa tenda en liña. Finalmente a tenda volver estar operativa, e dende Valve deixaron claro que en ningún momento se tratou dun ataque aos seus sistemas, senón que se tratou dun cambio de configuración nos seus servidores, que provocou que durante menos dunha hora os usuarios accedesen a información almacenada nas memorias caché que non se correspondía coa propia.
Deste xeito, os usuarios poden estar tranquilos, xa que as súas contas non se viron comprometidas, e a posibilidade de que algún dos seus datos persoais puidesen figurar na pantalla doutro usuario é pouco probable e non sería completa, polo que estamos ante unha incidencia que quedou nun susto.