Steam inicia as súas rebaixas de verán

venres, 23 de xuño do 2017 Marcus Fernández

A tenda dixital de videoxogos para PC Steam celebra até o vindeiro 5 de xullo as súas tradicionais rebaixas de verán, con grandes descontos no seu catálogo, que non se aplican só aos xogos, senón tamén ao hardware, o que é unha excelente oportunidade para facerse cun Steam Controller (agora a 38,49 euros) ou un Steam Link (a 16,49 euros), podendo tamén mercarse ambos dispositivos de xeito conxunto (a 49,48 euros).
As ofertas de Steam numerosas rebaixas durante toda a duración da promoción, pero algunhas ofertas especiais duran só 24 horas, o que buscan que sirva de incentivo para que os usuarios visiten diariamente a tenda para comprobar as últimas ofertas.
Entre os xogos de oferta podemos atopar La Tierra Media: Sombras de Mordor cun 80% de desconto, a edición Xogo do Ano de The Witcher III: Wild Hunt, Grand Theft Auto V, Dishonored 2 e Fallout 4 a metade de prezo, Rocket League cun 40% de desconto... e incluso contan con descontos de até o 50% en bastantes xogos de realidade virtual. Temos así unha magnífica oportunidade para adquirir algún xogo para gozar este verán a un prezo atractivo.

PUBLICIDADE