Steam permitirá gozar dos xogos de ordenador dende o móbil, a tableta ou o televisor
xoves, 10 de maio do 2018

- ata o momento Steam Link era un accesorio que facilitaba o xogo remoto, ou sexa, que permitÃa, por exemplo, xogar ao ordenador dende o televisor
A
plataforma de xogos para ordenador de Valve, Steam, está a preparar o lanzamento
dun par de aplicacións realmente interesantes, que estenderán a plataforma a
novos dispositivos, sendo especialmente rechamante a aplicación de Steam
Link, que ten previsto o seu lanzamento para a semana do 21 de maio, e que
permitirá que os usuarios poidan gozar dos xogos da súa colección de Steam nos
seus dispositivos con Android (teléfonos, tabletas e televisores) ou iOS
(iPhone, iPad e Apple TV) sempre que teñan unha conexión local de alta
velocidade co ordenador que moverá os xogos (sexa PC ou Mac). A aplicación será
compatible con mandos como o Steam Controller ou os compatibles con MFI.
A outra aplicación, que chegará a finais do verán, será Steam Video, que
pretende achegar os centos de pelÃculas e programas dispoñibles en Steam a
dispositivos con Android ou iOS, facilitando a reprodución dos contidos tanto
mediante streaming como fóra de liña.
