Steam renova o seu chat
martes, 24 de xullo do 2018
Non hai dúbida en que Steam é a plataforma de videoxogos de
referencia en ordenadores persoais, pero nos últimos meses descoidaron as
demandas dos usuarios, de xeito que a aplicación de chat Discord conseguiu
imporse como complemento ao xogo en PC. A reacción de Valve foi preparar un novo chat para Steam, con
caracterÃsticas de texto e voz, que funciona tanto vÃa web como na súa
aplicación de escritorio, e que tras estar funcionando en probas dende o 12 de
xuño, por
fin está dispoñible para todos os usuarios de forma oficial.
O novo chat de Steam permite xestionar de xeito máis flexible a nosa listaxe de
amigos (organizándoos en favoritos, por xogos, por grupos...); facilita os
chats en grupo; acepta elementos multimedia nas conversas (como imaxes GIF
animadas, vÃdeos, chÃos...); permite
engadir amigos a unha conversa cunha simple operación de arrastrar e soltar;
deixa gardar as conversas interesantes para poder retomalas de xeito doado onde
quedaron; conta con chats de grupo persistentes (para facilitar a conexión cun
grupo de xente cando se vaia iniciar unha partida); permite engadir canles aos
grupos; para facilitar a participación en conversa é posible xerar ligazóns con
invitacións de xeito que outro usuario pode sumarse a través do cliente de
Steam ou dun navegador web; e conta cun chat de voz totalmente renovado (baseándose
agora en WebRTC, e mantendo os enderezos IP dos usuarios en privado ao pasar as
comunicacións polos servidores de Valve).
Queda agora por ver se os usuarios de Steam sucumbirán ante esta renovada
proposta, ou manterán a súa fidelidade a Discord como ferramenta de
comunicación durante as súas sesións de xogo.
