Stranglehold precisará de 2 Gb de RAM para funcionar nun PC

mércores, 8 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Stranglehold, o xogo que se inspira na película Hard Boiled de John Woo, está a ser moi agardado por usuarios das consolas de Xbox 360 e PS3, destacando o feito de que a consola de Sony contará cunha edición especial na que se incluirá no mesmo disco do xogo a película protagonizada por Chow Yun Fat, mentres que os usuarios de PC poderían ter serios problemas con esta nova produción de Midway, xa que non só se recomenda unha boa tarxeta gráfica para xogar ó mesmo e precisa 15 Gb de disco duro libre, senón que acaban de afirmar no foro oficial que é preciso contar con 2 Gb de RAM para meterse na pel do inspector Tequila. Tamén se recomenda utilizar Windows Vista para xogar (aínda que funcionará en Windows XP) pero parece que con tales requisitos mínimos o xogo vai ter un grande atranco para popularizarse entre os usuarios de ordenadores persoais.


Trailer do xogo


Trailer da edición de coleccionista para PS3

PUBLICIDADE