Sudoku, o Comecocos e Tetris chegan ós iPod

xoves, 20 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de reprodutores multimedia iPod con soporte de videoxogos estarán contentos ó comprobar que na iTunes Store incorporaron 3 xogos (auténticos clásicos) que se venden a 4,99 euros cada un.
Estes novos xogos serán: Tetris, o popular xogo de caída de pezas que contará cos modos Maratón, 40 liñas e Ultra, que entre as súas moitas versións suma xa 70 millóns de xogadores en todo o mundo; Ms. Pac-Man achegase ó iPod cunha adaptación fiel do clásico das recreativas tamén coñecido por Comecocos, que presenta 256 niveis e 4 deseños de labirinto distintos; e para rematar, o máis recente Sudoku se poderá xogar nos reprodutores de Apple en modo Normal e Periódico.

PUBLICIDADE