Super Mario Odyssey chega para converterse nun tÃtulo imprescindible para Nintendo Switch
venres, 27 de outubro do 2017
Rematou a espera, e finalmente os posuidores dunha Nintendo
Switch poden facerse co tÃtulo que promete ser o rei da vindeira campaña de
Nadal, Super
Mario Odyssey, un xogo tridimensional que pode mercarse en formato
fÃsico e descargable a un prezo recomendado de 59,99 euros e que convÃdanos a
rescatar á princesa Peach da súa voda co malvado Bowser, para o que haberá que
percorrer todo un planeta en 3D e empregar incribles e novas habilidades.
Para axudar a Mario na procura de Bowser entrará en acción Cappy, un misterioso
personaxe do paÃs dos sombreiros que converteuse na emblemática gorra de Mario,
e que axudará a saltar máis algo, a enfrontarse a inimigos e incluso a poder
tomar o control de rivais como Goombas, Chomp Cadeas, pivotes de seguridade,
taxis e incluso un dinosauro.
Temos aquà un xogo moi vasto, cheo de sorpresas, que serÃa o primeiro tÃtulo de
Mario nun mundo aberto dende Super Mario
Sunshine, polo que supón unha proposta bastante refrescante, que está a ter
unha das mellores recepcións por parte da crÃtica posibles, conseguindo
polo momento unha nota media de 98 sobre 100. Existe a unanimidade en que
este xogo é o único que do catálogo de Switch que consegue estar á altura de The Legend of Zelda: Breath of the Wild,
demostrando aÃnda mellor as posibilidades da nova consola de Nintendo, facendo
entender aos xogadores que esta plataforma pode dar moito de si, xa que nos
seus primeiros pasos xa está a conseguir excelentes tÃtulos, algo que
normalmente non chega até a maduración de cada xeración.
- O novo xogo de Super Mario Odyssey recibiu unha valoración de 98 sobre 100 na prensa especializada
Tráiler de lanzamento de Super Mario Odyssey