Super Meat Boy ábrese a unha nova dimensión
xoves, 21 de agosto do 2025
O clásico xogo independente de plataformas Super Meat Boy, lanzado en 2010 e convertido nun tÃtulo de culto pola súa dificultade extrema e o seu humor irreverente, regresa agora cunha nova entrega que aposta polas tres dimensións. A súa primeira demostración pública tivo lugar en Colonia durante a feira internacional de videoxogos gamescom 2025, onde deixou boas sensacións tanto a veteranos coma a novos xogadores.
Desenvolvido polo estudio alemán Sluggerfly, Super Meat Boy 3D conserva a esencia que fixo popular ao xogo orixinal: fases rápidas, cheas de obstáculos letais e un sistema de control que require precisión milimétrica. O protagonista segue a ser Meat Boy, que de novo terá que rescatar a Bandage Girl das gadoupas do malvado Dr. Fetus. A novidade principal está no paso ao espazo tridimensional, que multiplica as posibilidades de movemento e engade capas de complexidade ás mecánicas coñecidas.
A adaptación á 3D chega con solucións pensadas para non frustrar en exceso ao xogador. Un indicador circular baixo Meat Boy mostra o punto exacto no que vai aterrar, facilitando saltos a toda velocidade nun escenario no que a percepción de profundidade é clave. Pola súa banda, os niveis manteñen a estrutura de percorridos curtos e intensos, con inimigos e trampas que obrigan a aprender a base de erros, tal e como sucedÃa no tÃtulo de 2010.
A parte visual tamén deu un salto importante. A estética combina escenarios recoñecibles (plataformas verdes e cavernas industriais) cun estilo máis moderno e detallado. As animacións engaden dinamismo e humor, con esquÃos armados, lava que se derrama polas paredes ou novas e espectaculares formas de ver morrer a Meat Boy.
Segundo o que se puido ver en Colonia, Super Meat Boy 3D non pretende superar nin substituÃr ao xogo orixinal, senón expandilo con novas ideas sen perder autenticidade. Para quen xa xogou no seu dÃa, esta entrega é unha benvida nostálxica cargada de novidades.
Está previsto que o xogo chegue a PC, PS5 e Xbox Series X|S a primeiros de 2026.
VÃdeo de presentación de Super Meat Boy 3D
