Super Monkey Ball volverá a consolas en outubro
martes, 16 de xullo do 2019
A serie de xogos de plataformas de SEGA, Monkey Ball,
nacida en máquinas recreativas en 2001 pero que conseguiu o éxito como Super
Monkey Ball en consolas de videoxogos e incluso en dispositivos móbiles, está
de volta con Super
Monkey Ball: Banana Blitz HD, tÃtulo que chegará a Nintendo Switch, PS4
e Xbox One o vindeiro 29 de outubro, tendo prevista tamén unha versión para PC
no inverno. O prezo de venda recomendado será de 39,99 euros.
O tÃtulo deste xogo pode resultar familiar, xa que realmente trátase dunha versión en alta definición do Super Monkey Ball: Banana Blitz que en 2006 saÃu para Wii, pero que agora chega a máquinas modernas, cunha aparencia gráfica renovada e controis optimizados para cada plataforma.
Este novo tÃtulo estrea o modo de xogo Decathlon, no que haberá que superar 10 minixogos seguidos, e tamén incorpora clasificacións en liña, para poder competir en puntuacións contra usuarios de todo o mundo.
- Un dos mini-xogos que incorpora Super Monkey Ball: Banana Blitz HD
Tráiler de presentación de Super Monkey Ball: Banana Blitz HD