Super Smash Bros. chegará a Nintendo Switch este ano

venres, 9 de marzo do 2018 Marcus Fernández

JPEG - 50.7 KB
Link estará presente no novo Super Smash Bros. para Nintendo Switch

A pasada noite emitiuse un novo Nintendo Direct, vídeo que provocou grande expectación xa que serviu para anunciar que este mesmo ano chegar a Nintendo Switch unha nova entrega da serie Super Smash Bros., da que polo momento só se sabe que contará con personaxes como Mario, Link e inklings de Splatoon, o que chegou para facer que numerosos seareiros das consolas de Nintendo xa consideren que 2018 vai ser un bo ano para a última consola da compañía nipoa.
Na presentación tamén puideron verse imaxes de Splatoon 2: Octo Expansion, novo modo para un xogador de Splatoon 2 que chegará no verán; e anunciáronse os xogos para Switch Captain Toad: Treasure Tracker, Sushi Striker: The Way of Sushido, Crash Bandicoot N. Sane Trilogy, Okami HD, South Park: Retaguardia en Peligro, Undertale e Little Nightmares Complete Edition.
Pero Nintendo non deixou de lado a súa pequena portátil, e a Nintendo 3DS tamén recibirá unha nova versión de Captain Toad: Treasure Tracker, WarioWare Gold, Luigi’s Mansion, Mario & Luigi: Viaje al centro de Bowser + Las peripecias de Bowsy e Dillon’s Dead-Heat Breakers.
Completou o Nintendo Direct información sobre outros xogos anunciados anteriormente como Mario Tennis Aces, Hyrule Warriors: Definitive Edition, Detective Pikachu, Octopath Traveler, Kirby Star Allies, Dark Souls Remartered e Travis Strikes Again: No More Heroes.

PUBLICIDADE