Super Street Fighter II Turbo HD Remix chega ao Bazar de Xbox LIVE
mércores, 26 de novembro do 2008
- Ryu enfrontándose a Bison no xogo
Hoxe incorporouse
ao Bazar de Xbox LIVE o agardadÃsimo xogo Super
Street Fighter II Turbo HD Remix, que vén a ser unha revisión do
clásico xogo que xa fora adaptado ás consolas da anterior xeración, pero que
agora actualizou os seus gráficos para a alta definición (1.080p), conservando
toda a esencia do clásico das recreativas.
Por desgraza, os
usuarios da PS3 deberán agardar á semana que vén para contar con este
excelentÃsimo xogo, que permite revivir a experiencia do clásico
xogo de loita en 2D mentres non chega Street
Fighter IV.
O tÃtulo para a Xbox 360 se vende como descarga por 1.200 Microsoft Points (uns
14,40 euros) aÃnda que hai que admitir que está á altura dos xogos que hai un
par de anos se vendÃan para as consolas de anterior xeración (ou sexa, que case
poderÃa ser un produto destinado para tendas fÃsicas) aÃnda que só ocupa 368
Mbytes de disco. Tampouco lle falta a posibilidade de probar a súa demo.
Queda claro que este novo xogo está moi lonxe do remake puro, o Street
Fighter II’ HF que saÃra á venda en 2006 a través de Xbox LIVE
por 800 Microsoft Points (uns 9,6 euros), e nesta caso tamén está dispoñible o modo
multixogador local e en liña, polo que hai que recoñecer que estamos ante un
xogo altamente recomendable para calquera amante dos xogos de loita que pasaron moitas horas repartindo
leña nos clásicos xogos que Capcom lanzou a primeiros dos 90 para máquinas
recreativas.
Último trailer de Super
Street Fighter II Turbo HD Remix