Telecinco denuncia a YouTube
venres, 20 de xuño do 2008
- Edificio da sede de Telecinco
Telecinco interpuxo esta
semana unha demanda a YouTube por difundir ilicitamente e sen
autorización contidos da canle televisiva nun proceso polo que a web de vÃdeos
propiedade de Google está a conseguir un «lucro pola explotación de dereitos de propiedade intelectual e industrial»
segundo defendeu Mario RodrÃguez, secretario xeral de Telecinco.
YouTube, pola súa banda, sostén que só é un intermediario na publicación de
vÃdeos na Internet, opinión non compartida pola canle de Paolo Vasile, que
consideran que ao comercializar publicidade grazas á publicación dos vÃdeos
están a beneficiarse de contidos alleos.
Tamén indicaron que localizar en España aos responsables de YouTube para
notificarlles a demanda foi unha labor «ardua»,
o que tamén indicarÃa que o portal actúa fóra da legalidade. Telecinco tamén
reclamara unha reparación económica
dunha contÃa aÃnda por determinar.
Dende Telecinco apuntan que moitas das súas series e programas aparecen en
YouTube a poucos minutos da súa emisión, o que prexudica
á súa explotación posterior noutras fiestras como a TDT, a telefonÃa móbil
e a propia Internet.
Moitas canles norteamericanas tamén emprenderan accións semellantes contra
YouTube, pero na meirande parte dos casos se pecharon con acordos de xeito que
as empresas de televisión comparten os beneficios publicitarios con Google e
tamén contan cunha ferramenta para denunciar os contidos non autorizados para a
súa eliminación.
Estas medidas emprendidas por Telecinco están a ser moi criticadas na Internet,
pois parece que «impedir
que se difunda un vÃdeo é coma pórlle portas ao campo» e pretenden máis
un acordo económico que unhas medidas de
fondo. Lembremos que Telecinco é unha das poucas canles que non abraza o
éxito de YouTube, pois na actualidade Televisión
Española, Antena 3, Cuatro e mesmo a TVG contan coas súas propias canles no
portal de vÃdeos de Google.