Telefónica abandonará a Bolsa de Nova York
xoves, 18 de decembro do 2025
Telefónica, S.A. anunciou a súa intención de iniciar o procedemento para excluÃr voluntariamente da Bolsa de Nova York (NYSE) a cotización das súas American Depositary Shares (ADS), cada unha representativa dunha acción ordinaria da compañÃa e materializadas a través de American Depositary Receipts (ADR). A operadora non prevé que estes tÃtulos coticen, se negocien ou se rexistren noutro mercado de valores ou sistema de cotización dos Estados Unidos.
Os titulares de ADS poderán optar por trocalos por accións ordinarias de Telefónica negociadas nas bolsas españolas. Ademais, a compañÃa prevé converter o seu actual programa de ADR nun programa de ADR Nivel I, o que permitirá aos investidores seguir mantendo estes tÃtulos e facilitará a súa negociación no mercado extrabolsista estadounidense.
Xunto con esta decisión, Telefónica e Telefónica Emisiones, S.A.U., filial integramente participada polo grupo, teñen a intención de iniciar tamén o procedemento para excluÃr voluntariamente da NYSE varias emisións de débeda garantidas por Telefónica. Trátase dos bonos sénior a tipo fixo con vencemento en 2027, 2036, 2038, 2047, 2048 e 2049. A compañÃa indicou que non prevé a súa cotización nin rexistro noutro mercado estadounidense, pero si solicitará a súa admisión a cotización en Euronext DublÃn.
Telefónica e Telefónica Emisiones presentarán nas vindeiras semanas os correspondentes formularios 25 ante a Securities and Exchange Commission (SEC). A exclusión de cotización farase efectiva previsiblemente dez dÃas despois desa presentación, momento a partir do cal tanto os ADS como os valores de débeda deixarán de negociarse na NYSE.
De maneira paralela, Telefónica anunciou a súa intención de iniciar, de acordo coa lexislación peruana, un procedemento para excluÃr voluntariamente os seus ADS da Bolsa de Valores de Lima e, en consecuencia, do Rexistro Público do Mercado de Valores xestionado pola Superintendencia do Mercado de Valores.
Unha vez completada a exclusión de cotización na NYSE, Telefónica, Telefónica Emisiones e Telefónica Europe, B.V. presentarán o formulario 15F ante a SEC para solicitar a cancelación do rexistro de todas as clases de valores rexistrados nos Estados Unidos, incluÃdos os ADS, os valores de débeda e determinadas emisións realizadas por Telefónica Europe, asà como a finalización das obrigas de información derivadas da Securities Exchange Act de 1934.
Tras estes cambios Telefónica continuará elaborando os seus estados financeiros consolidados de acordo coas Normas Internacionais de Información Financeira. As accións ordinarias de Telefónica seguirán cotizando no Mercado Continuo español, onde actualmente se concentra a maior parte da negociación por parte de investidores nacionais e internacionais.
A decisión foi adoptada tras un análise detallado dos órganos de goberno competentes, tendo en conta a carga administrativa e os custos asociados ao mantemento da cotización na NYSE. Segundo a empresa, esta medida encaixa co Plan Estratéxico presentado aos investidores en novembro de 2025, orientado a simplificar o modelo operativo do grupo mantendo elevados estándares de goberno corporativo e transparencia. Telefónica sinalou tamén que non se prevé ningún impacto nin nos seus clientes nin nos seus socios, nin tampouco na súa presenza comercial nos Estados Unidos.
