Telefónica recunca co seu programa Talentum

martes, 11 de xullo do 2017 Redacción

Telefónica quere servir de impulso a todos aqueles profesionais e emprendedores que leven dentro un profesional e un emprendedor de éxito (innovador, empresarial, creativo e, por suposto, solidario). E farao a través do programa Talentum, unha iniciativa lanzada para promover o talento da mocidade na economía dixital e que vén de coller máis folgos coa renovación de cadanseus acordos con Ericsson España e a Fundación Adecco (o primeiro deles en 2013 e o segundo en 2014).
Ao abeiro de Talentum, Ericsson porá en marcha en 2017 o obradoiro Lab 5G, que, como o seu nome indica claramente, encamíñase a favorecer a experimentación e a creatividade arredor da vindeira tecnoloxía móbil, a 5G, desta volta co foco posto no sector turístico e feiral e tirando proveito de recursos que serán de uso común, como a realidade aumentada e virtual.
Pola súa banda, a Fundación Adecco patrocinará un hackathon social organizado por Talentum, no que os participantes deberán desenvolver unha aplicación móbil que contribúa á inserción laboral de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas.
Talentum é unha plataforma de pulo ao talento novo aberta, integradora e participativa. Aemais de formación, fornece de xeiras de networking, hackathnns, eventos e desenvolvemento de solf-skills, ofrecendo diferentes modalidades de bolsas que se axustan ás distintas etapas ou intereses das mozas e dos mozos. Desde 2012, concedéronse case 2.500 bolsas Talentum nas súas distintas modalidades. Ao longo deste ano, a iniciativa repartirá ao redor de 500 bolsas.

PUBLICIDADE