Televisión Española emitirá regularmente en 4K a partir do 7 de febreiro
luns, 13 de novembro do 2023
Radio Televisión
Española vén
de ser recoñecida cun galardón no 4K HDR Summit 2023 de Málaga polo seu impulso
á ultra alta definición, aproveitando a ocasión para lembrar que a partir
do vindeiro 7 de febreiro Televisión Española contará con emisións en UHD/4K na
TDT en aberto de xeito regular, ou sexa, que a canle TVE UHD xa non será unha
canle en probas.
Cómpre lembrar que a partir do 14 de febreiro de 2024 todas as canles presentes
na TDT teñen a obriga de emitir como mÃnimo en alta definición, de xeito que os
actuais sinais en definición estándar dirán definitivamente adeus.
No caso de Televisión Española cambio que van realizar supón a reorganización
dos seus múltiples na TDT, de xeito que, aparte da eliminación das canles en
definición estándar, desprazarÃa as emisións de Teledeporte HD e Clan HD para
deixar máis espazo para La 1 UHD, canle que ofrecerÃa un sinal en H.265 con HDR
a 2.160p a 50 imaxes por segundo.
Deste xeito o 99% dos fogares españois terÃan acceso a unha canle con contidos
en 4K a través da TDT en aberto, o que espérase que axude á consolidación desta
resolución, aÃnda que realmente o máis importante é o cesamento das emisións en
definición estándar, xa que son toda unha rémora para os contidos de alta definición,
sendo totalmente inxustificable que actualmente se manteñan emisións cunha
calidade de imaxe tan pobre cando empregando o mesmo largo de banda é posible
achegar contidos en Full HD.