Telltale ofrece un atractivo Humble Bundle de aventuras gráficas
martes, 18 de xullo do 2017
Os amantes das aventuras gráficas teñen unha nova
oportunidade para facerse cunha completa selección de xogos de Telltale Games
para PC a través dun lote solidario, The Humble Telltale
Bundle, que durante un par de semanas estará dispoñible, ofrecendo a
posibilidade de optar cunha achega de a partires de 1 dólar as dúas primeiras
entregas de Sam & Max, Puzzle Agent e Bone, Hector: Badge of
Carnage, Telltale Texas Hold’em, Poker Night at the Inventory e a
primeira tempada de The Walking Dead.
As persoas que fagan unha achegan superior á media (7,90 dólares no momento de
escribir estas liñas) recibirán tamén a segunda tempada de The Walking Dead, The Walking
Dead: Michenne, Tales from the
Borderlands, o xogo inspirado na serie Game
of Thrones e algún tÃtulo máis que confirmarse nos vindeiros dÃas.
Finalmente quen xa opten por pagar 15 dólares poderá obter un dos grandes
éxitos dos últimos meses, Batman – The Telltale
Series, asà como Minecraft: Story
Mode co seu pase de aventura.
