Teremos nova entrega de Resident Evil en 2026
venres, 6 de xuño do 2025
Capcom puxo fin ás especulacións e confirmou oficialmente Resident Evil Requiem, a novena entrega principal da emblemática franquÃa de terror. O anuncio realizouse durante o Summer Game Fest 2025 cun tráiler que mestura atmosfera opresiva, referencias nostálxicas e un ton decididamente máis cinematográfico. O xogo chegará o 27 de febreiro de 2026 para PC, PlayStation 5 e Xbox Series X|S, aÃnda que a primeira demo poderá xogarse en agosto durante a Gamescom en Colonia.
Resident Evil Requiem promete ser unha viraxe audaz tanto no ton como na xogabilidade da serie, segundo destacou o presentador do evento, Geoff Keighley. Capcom define a entrega como unha experiencia de survival horror clásica, pero engadindo un novo nivel de acción cinematográfica e tensión narrativa. A dirección corre a cargo de Koshi Nakanishi, veterano responsable de tÃtulos como Resident Evil 7: Biohazard ou Revelations.
O tráiler, que xoga inicialmente ao despiste cunha oficina, remata revelando escenarios familiares coma unha Raccoon City devastada e unha comisarÃa de PolicÃa en ruÃnas, o que suxire un deseño de mundo aberto ou, polo menos, moi expansivo. A protagonista parece ser Grace Ashcroft, unha analista técnica do FBI que investiga unha serie de mortes estrañas mentres regresa ao lugar onde foi asasinada a súa nai, presumiblemente Alyssa Ashcroft, personaxe secundaria da saga.
A historia sitúase como continuación de Resident Evil Village, mantendo a liña de terror que revitalizou a franquÃa. Con Requiem, Capcom amosa intención de combinar a herdanza da serie cos avances narrativos e técnicos que lle permitirán competir no panorama actual dos videoxogos de terror.
Tráiler de presentación de Resident Evil Requiem