Teremos unha edición especial da Switch inspirada en Animal Crossing: New Horizons

venres, 31 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

O vindeiro 30 de marzo chega o xogo de Nintendo Switch Animal Crossing: New Horizons, pero este lanzamento vén acompañado dunha agradable sorpresa para moitos: unha edición especial da Nintendo Switch cunha aparencia inspirada no xogo (que inclúese coa consola mediante un código de descarga).
Esta versión da Switch chega nunhas cores paste turquesa bastante elegantes, con motivos insulares e incluso coa posibilidade de completar o lote cun par de fundas inspiradas en Animal Crossing: New Horizons.
Esta nova entrega de Animal Crossing traslada a acción ás illas desertas de Nook Inc., o que permite darlle ao xogo un toque un tanto diferente, mantendo a súa esencia, de xeito que unha vez máis poderemos personalizar o noso contorno, participar en numerosas actividades e incluso compartir a experiencia con até 8 xogadores á vez na mesma illa.

Tamén poranse á venda un par de fundas para Switch inspiradas no xogo

Vídeo promocional da Nintendo Switch inspirada en Animal Crossing: New Horizons

PUBLICIDADE