Terra TV será unha nova televisión por Internet que chegará en xaneiro da man de Imagenio

venres, 27 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Luis Velo, conselleiro delegado de Imagenio, anunciou que a súa compañía lanzará en xaneiro unha canle de televisión en aberto a través da Internet, Terra TV, na que buscarán novos formatos específicos para os usuarios da Rede, para o que traballan con 5 produtoras neste proxecto pioneiro en Europa.
A compañía busca “atopar unha fórmula que se inspire en YouTube ou MySpace e que, en certo xeito, os españolice”, dirixíndose inicialmente ós mozos “que cada vez ven menos a televisión e prefiren a Internet”. Os contidos terían series de ficción propias con capítulos de curta duración (entre 4 e 5 minutos) complementando a oferta de contidos de pago de Imagenio e baixo de manda de Pix Box.
Ata xaneiro non terán unha grella de programación pechada, pero Velo asegura que xa contan con 8 formatos distintos pechados e pensados especificamente para a Internet, na busca de atopar novos mercados tralos esgotamento da televisión en aberto.