The Beatles, a piques de seren reunidos nas consolas
luns, 23 de xuño do 2008
Separáronse hai 38 anos pero aÃnda seguen metidos nos miolos dos seareiros da música e mesmo dos non seareiros, que xa é dicir. Mesmo de aqueles que non queren ser seareiros de nada (con The Beatles pasóuselles a todos eles coma coa cunca de caldo non requirida, pero peor: tiveron unha tras outra, ata fartarse). Agora que xa está desbotada calquera nova oportunidade de reunión (mortos John Lennon e George Harrison), quédanos as carreiras reais dos dous beatles restantes (que semella nun bo intre de forma) e, tamén, as carreiras virtuais de todos eles grazas ás ferramentas dixitais.
Isto vén a conto pola información que achega o Financial Times e El PaÃs sobre un ruxerruxe que ten visos de devir en realidade: un máis que posible trato entre os beatles superviventes e dúas firmas do eido dos videoxogos para crear un produto virtual sobre a historia da banda. Polo que puidemos saber, os contactos están a ser mantidos cos responsables de Guitar Hero e Rock Band: Activision e MTV Games, respectivamente.
O acordo, como non podÃa ser doutro xeito tratándose de quen se trata, estarÃa (se cadra en cuestión de semanas) a piques de mover grandes cantidades de cartos. O achegamento fica aÃnda pendente do visto bo de Apple Corps e de EMI, a firma que vela pola chegada de beneficios económicos a todo o entramado beatle e a propietaria das gravacións do grupo, respectivamente.
