The House of the Dead 2: Remake chegará a Switch e PC o 7 de agosto
venres, 20 de xuño do 2025
A editora Forever Entertainment e o estudio MegaPixel Studio confirmaron a data de lanzamento de The House of the Dead 2: Remake, nova versión do emblemático xogo de disparos sobre raÃs. A adaptación estará dispoñible o vindeiro 7 de agosto para Nintendo Switch e PC, a través das plataformas Steam e GOG, cun prezo de 24,99 euros. As versións para consolas PlayStation e Xbox chegarán máis adiante, aÃnda sen data concreta.
A nova edición recupera a acción frenética e o espÃrito arcade do tÃtulo orixinal de 1998, publicado inicialmente para máquinas recreativas e, pouco despois, para Dreamcast. Os xogadores poderán escoller entre os axentes James Taylor e Gary Stewart, enviados pola AMS para investigar unha cidade asediada por mortos viventes, nun argumento que continúa os feitos do primeiro xogo da saga.
O remake ofrecerá gráficos totalmente renovados, música remasterizada (coa opción de activar a banda sonora clásica), mecánicas fieis ao tÃtulo orixinal e modo cooperativo. Incluirá tamén múltiples finais, rutas alternativas e tres modos de xogo principais: Campaña Clásica, Modo Xefes e Modo Adestramento, pensados para estender a experiencia e mellorar a destreza dos xogadores.
Con esta entrega, Forever Entertainment e MegaPixel Studio continúan a revitalización da saga The House of the Dead, despois do lanzamento da primeira parte en versión remasterizada no ano 2022.
Tráiler do xogo
