The New York Times e o Chicago Tribune demandan a Perplexity
venres, 5 de decembro do 2025
O conflito entre grandes medios estadounidenses e empresas de intelixencia artificial deu un novo salto esta semana coa presentación de dúas demandas separadas contra Perplexity, a emerxente compañÃa californiana que promove o seu servizo como o «primeiro motor de respostas do mundo». Tanto The New York Times como o Chicago Tribune acusan a empresa de empregar masivamente traballos xornalÃsticos protexidos por dereitos de autor para adestrar e alimentar o seu buscador baseado en IA, ofrecendo respostas completas que substitúen a necesidade de visitar os sitios web orixinais.
A demanda do The New York Times, presentada un ano despois da acción similar iniciada contra OpenAI e Microsoft, sostén que Perplexity utilizou durante meses contido da cabeceira sen autorización e malia múltiples advertencias. O xornal considera que a empresa «proporciona produtos comerciais que substitúen aos do Times, sen permiso nin remuneración» e afirma que o motor de busca de Perplexity chega a reproducir Ãntegros artigos do diario, ofrecendo asà un servizo que compite directamente cos seus contidos. O Times denuncia tamén danos reputacionais pola xeración de información incorrecta atribuÃda falsamente ao medio debido ás coñecidas alucinacións dos modelos de IA.
Pola súa banda, o Chicago Tribune presentou na mesma xurisdición federal de Nova York unha demanda que acusa Perplexity de copiar «millóns de artigos, vÃdeos, imaxes e outros traballos protexidos» empregándoos como base para o seu chatbot e o seu novo buscador. Segundo o xornal, os produtos de IA da compañÃa xeran respostas «idénticas ou substancialmente similares» ás pezas orixinais, desviando tráfico, subscricións e ingresos publicitarios. O Tribune tamén alerta dos riscos reputacionais derivados de resultados incorrectos atribuÃdos á cabeceira.
O director xeral do Chicago Tribune, Mitch Pugh, foi especialmente contundente ao asegurar que «o modelo de negocio de Perplexity baséase no roubo de xornalismo creado por profesionais reais», engadindo que esta práctica «mina o servizo público» que prestan os medios. A demanda inclúe tres cargos de infracción de copyright, ademais de acusacións por dilución de marca e designación falsa, e solicita unha indemnización non especificada, asà como unha orde xudicial que impida a Perplexity seguir empregando o contido do xornal.
The New York Times, que este ano asinou con Amazon o seu primeiro acordo de licenza para o uso de contidos en plataformas de IA, insiste en que Perplexity ignorou reiteradamente as súas peticións de negociación. Mentres, o Chicago Tribune lembra que a compañÃa chegou a empregar o lema comercial «skip the links», nunha mensaxe que, ao seu xuÃzo, ilustra a intención de evitar que os usuarios accedan ás fontes orixinais.
