Thesimpsonsmovie.com pasará a mans da Fox

xoves, 26 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Esta semana se estrea nos cines de todo o mundo a película protagonizada pola familia de animación máis coñecida, os Simpson, e nestes días xa destacamos que a súa web permite a creación de avatares coa aparencia de habitantes de Springfield, pero resultaba curioso que unha película promocionada coma The Simpsons Movie prescindise do seu artigo no dominio puntocom, o que resulta que correspondía a un caso se usurpación de nome de dominio que vén de ser resolto pola arbitraxe da OMPI, que concedeu que thesimpsonsmovie.com pase a mans da 20th Century Fox.
O domino estaba a ser empregado polos responsables do podcast Keith and the Girl, que parecían querer aproveitar a sona da película para achegar visitas á súa web, o que foi considerado como “mala fe” polo árbitro, de xeito que a produtora non tivo que aceptar a oferta de venda do dominio por parte de Keith Malley (o responsable do mencionado podcast), que pedía 50.000 dólares polo mesmo.