Tintin Reporter pode xogarse en galego
luns, 21 de outubro do 2024
En 2022 Microids sorprendeu anunciando que encargara a Pendulo Studios a adaptación da banda deseñada As Aventuras de TintÃn: Os Xarutos do Faraón, xogo que hai preto dun ano chegou a PS4, PS5, Xbox Series X|S e PC baixo o tÃtulo de Tintin Reporter: Los Cigarros del Faraón, que o pasado xoves completou o seu lanzamento en consolas estreando versión para Nintendo Switch.
Pero que Tintin Reporter estea dispoñible en Switch non é a única boa nova para os seareiros das aventuras creadas por Hergé, senón tamén o feito do que vén de informar o tradutor de videoxogos Ramón Méndez: o tÃtulo de Pendulo Studios está dispoñible en galego, grazas ao traballo dun par de tradutores saÃdos da Universidade de Vigo (Paula Regueiro e Lois Agrelo) coa revisión de Ana Doval.
Lembremos que Pendulo Studios, durante o desenvolvemento do xogo de TintÃn, contou coa presenza de tres alumnos en prácticas procedentes do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC, o que axuda a que vexamos aÃnda máis galego o xogo que podemos adquirir por 39,99 euros en PC e Switch e 49,99 euros en consolas PlayStation e Xbox (aÃnda que a versión para PS5 pode adquirirse bastante máis barata en soporte fÃsico).

- O xogo presenta os seus textos totalmente traducidos ao galego
Tráiler do xogo
