Tomb Raider: Underworld contará con versións para PC, Xbox 360, PS3, PS2, DS e Wii

venres, 11 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Pasados os 11 anos da súa primeira entrega, a saga de Tomb Raider promete volver, e aínda que nun principio se agardaba que o novo título, Tomb Raider: Underworld, chegase só para PC, Xbox 360 e PS3, finalmente Eidos Interactive anunciou que tamén contará con versións para Nintendo Wii, DS e PS2.
O novo xogo mellorará os seus gráficos para estar á altura dos xogos do momento, contará cun modo de combate corpo a corpo, a ambientación será máis dinámica (inclúe un sistema de cambio das condicións meteorolóxicas), contará cunha maior interacción co contorno, os escenarios serán máis amplos que nas entregas anteriores e a motocicleta que era un accesorio temporal se converterá nun medio de transporte para Lara Croft.

PUBLICIDADE