Tony Hawk’s Pro Skater 3 + 4 estará dispoñible en xullo
martes, 4 de marzo do 2025
Activision vén de anunciar que o xogo Tony Hawk’s Pro Skater 3 + 4 será unha realidade o 11 de xullo en Xbox Series X|S, Xbox One, Battle.net, Windows PC, Steam, Nintendo Switch, PlayStation 5 e PlayStation 4, e estará dispoñible desde o primeiro dÃa con Game Pass.
Estamos ante unha fiel recreación dos clásicos xogos de skate, pero amplÃa a experiencia con novos parques, skaters e música, asà como multixogador cruzado entre plataformas, novas ferramentas de creación, un modo New Game+ e moito máis.
O xogo incluirá os parques orixinais e novas localizacións, ademais dun Modo Carreira que recupera as xiras orixinais dos xogos de 2001 e 2002. Será posible gozar do seu multixogador cruzado para até 8 skaters ao mesmo tempo, garantindo unha competición feroz.
Unha ampla variedade de novos skaters únense ao elenco orixinal, e tamén será posible skaters personalizando o seu aspecto, a súa cidade natal, o estilo de patinaxe e moito máis. Tampouco fallará a banda sonora orixinal, con temas clásicos e novos.
Con este xogo continúase o traballo de Tony Hawk’s Pro Skater 1 + 2, lanzado en 2020, mantendo o seu sistema de control e incluÃndo titoriais para introducir aos que xoguen por primeira vez.
As reservas de Tony Hawk’s Pro Skater 3 + 4 xa están abertas, o que abre a porta a contidos adicionais para premiar a compra anticipada. A edición dixital Deluxe inclúe 3 dÃas de acceso anticipado ao xogo completo e outras bonificacións, aÃnda que os maiores seareiros desta serie probablemente opten pola edición para coleccionistas, que incluirá unha táboa de skate Birdhouse de edición limitada co gráfico Wings e a sinatura impresa de Tony Hawk, xunto cunah copia fÃsica de xogo e as vantaxes da edición Deluxe.
Tráiler de presentación de Tony Hawk’s Pro Skater 3 + 4