TorrentSpy.com bloquea o seu acceso dende EE.UU. para protexer os datos dos seus usuarios
martes, 28 de agosto do 2007
O buscador de ficheiros para a identificación de contidos
na rede BitTorrent, TorrentSpy, con servidores nos PaÃses Baixos, decidiu
pechar o seu acceso ós usuarios sitos nos EE.UU., no que foi unha decisión que non
vén provocada por ningunha causa xudicial senón que deriva do desacougo
provocado polo conflito legal entre os EE.UU. e a Unión Europea no tocante ás
leis que rexen a protección de datos persoais.
Fóra dos EE.UU. TorrentSpy.com continúa
a ser unha web activa, pero os usuarios norteamericanos se atopan ó entrar na
mesma cunha mensaxe advertindo da restrición xeográfica aplicada ós seus
usuarios.