Toy Soldiers: War Chest estrea versión para Xbox One
martes, 11 de agosto do 2015
O xogo de Signal Studios Toy Soldiers:
War Chest, que convÃdanos a lembrar nos nosos bonecos de acción
favoritos nun tÃtulo de acción e aventura, chega
hoxe a Xbox One a un prezo de 14,99 euros, adiantándose ás versións para
PlayStation 4 e PC, de xeito que xa podemos ver como será o enfrontamento dos
catro exércitos de figuras dispoñible (Kaiser, Starbright, Phantom e Dark
Lord). Estas batallas poderán saldarse incluso en liña en enfrontamentos de 1
contra 1 ou 2 contra 2, para enfrontar virtualmente aos xoguetes da nosa
infancia, aÃnda que para poder gozar das franquÃas máis populares haberá que
pasar por caixa.
Este xogo vén cargado con numerosos personaxes de marcas practicamente
descoñecidas, pero dende hoxe mesmo están dispoñibles lotes descargables de
figuras de He-Man
e os Masters do Universo, G.I.
Joe, Cobra
e Assassin’s
Creed, que poden mercarse por separado a un prezo de 4,99 euros ou no Paquete
Legendary Heroes por 14,99 euros, que serÃa o que farÃa o xogo realmente
interesante, permitindo que os xogadores que de pequenos xogasen cos bonecos de
He-Man ou G.I. Joe poidan agora trasladar a experiencia á súa consolas de
videoxogos ou ordenador, o que resulta especialmente rechamante por poder
mesturar mundos totalmente diferentes, de xeito que guerreiros combaterán
contra soldados, mentres entran na batalla osos de peluche, fadas e unicornios.
Todo un contraste que era posible no baúl dos xoguetes de máis dun cativo nos
anos 80.

- Os Masters do Universo poden medir as súas forzas con outras figuras de acción

- Os G.I. Joe protagonizan un dos paquetes descargables que enriquecen o xogo
Tráiler do xogo
