TrackMania: o tuning como estilo de vida

venres, 2 de marzo do 2007 Fernando Sarasketa

Hoxe en día, un xogo de coches que non lle permite ó usuario tunear o seu vehículo non semella un videoxogo actualizado cos tempos que corren (tunear, a fin de contas, é unha maneira de dicir “aquí estou” nunha sociedade que afoga e parece que se perpetúa a si mesma en serie). Enleadas aparte, a práctica do tuning é un das moitas posibilidades que ofrece TrackMania, xunto coa opción de crear circuítos personalizados, afinar en todo o posible a práctica dos loops e as acrobacias ou conducir cos membros da comunidade de seareiros de Internet en partidas en liña. TrackMania chega ó mercado da man de FX e por un prezo razoable de 5,99 euros, en edición de ouro que inclúe o xogo orixinal e os complementos Power Up e Speed Up, manuais e unha chave persoal para participar nas carreiras coa comunidade en liña.

PUBLICIDADE