Transforman unha Wii nunha consola portátil
luns, 31 de decembro do 2018
Os modificadores de consolas de videoxogos
conseguen grandes fazañas de cando en vez, como conseguir converter unha Xbox
ou unha PlayStation nun trebello transportable con pantalla integrada ou con
interesantes sorpresas como a PiiWii
Pocket, froito duns 3 anos de traballo de Shank Mods, que conseguiu facer
portátil unha Wii, instalando o seu hardware nunha carcasa que integra tanto
unha pantalla como os botóns propios dun mando de GameCube, conseguindo unha
aparencia moi representativa.
A PiiWii Pocket pode correr todos os xogos de Wii e GameCube, asà como os da Consola
Virtual, e tamén permite empregar os accesorios das consolas de Nintendo pois
non deixa de ser unha Wii cunha carcasa cambiada, e aÃnda que o produto
resultante é demasiado voluminoso para poder ser un produto comercial, a súa
curiosa estética poderÃa servir de inspiración para futuras consolas retro.
VÃdeo no que podemos ver a PiiWii Pocket en acción
