Transformers e Heroes lideran as descargas na rede BitTorrent
mércores, 2 de xaneiro do 2008
Para medir o éxito de pelÃculas e series de
televisión normalmente se recorre a datos de vendas de entradas ou de
audiencia, pero as estatÃsticas de webs de P2P tamén pode servir para medir a
popularidade dos produtos audiovisuais, e Mininova (web dedicada a ficheiros
para a rede BitTorrent) publicou os datos relativos ó ano pasado de xeito que
temos que a
pelÃcula Transformers foi a máis
descargada de 2007 con 569.259 descargas só a través da web indicada. O tÃtulo
de ciencia ficción está seguido por Un LÃo
Embarazoso, Shooter, a terceira
entrega de Piratas del Caribe, Ratatouille, 300, Next, Arma Fatal, El Ultimatum de Bourne e Zodiac.
No tocante ás series de televisión, temos que Heroes lidera de xeito indiscutible 2007, con 2.439.154 descargas
do seu episodio máis popular, dobrando á seguinte serie da listaxe, Top Gear, á que seguen Battlestar Galactica, Perdidos, Prison Break, Mujeres
Desesperadas, 24, Padre de Familia, Dexter e Scrubs, por esta
orde.