Triste adeus a Óscar Garrido del Canto

luns, 16 de agosto do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 35.9 KB
Óscar Garrido ocupou o cargo de director de desenvolvemento corporativo do foro e-Gallaecia, e tamén traballou en compañías galegas coma Denodo Technologies

Hai cousa de 6 anos, co gallo da celebración da Semana Internacional das TIC que organizou en Santiago de Compostela o Foro e-Gallaecia, tivemos a sorte de contar coas palabras de Óscar Garrido del Canto, director de desenvolvemento corporativo de e-Gallaecia, para adiantarnos detalles sobre este encontro tecnolóxico nunha entrevista publicada no número 21 da nosa edición impresa, de aí que non resulte agradable informar do pasamento deste profesional do sector, que dixo adeus a pasada fin de semana.
Os seus achegados puideron acudir ao velorio leonés Serfule; e espedirse finalmente nunha misa que terá lugar este martes ás 9:45 horas na igrexa de San Francisco de La Vega, tamén en León, aínda que algúns dos seus antigos compañeiros de traballo comentaron a posibilidade de renderlle cumprida homenaxe en A Coruña nos vindeiros días.
Agardamos que a memoria de Óscar Garrido faga xustiza á súa persoa, e que as súas achegas á dinamización do sector TIC en Galicia non fosen en balde, de xeito que nos vindeiros anos poidamos contar con encontros tecnolóxicos de peso na nosa terra, ata o punto de converternos en referente estatal.
ACTUALIZACIÓN: É posible acender unha vela virtual na memoria de Óscar Garrido na páxina web de Remémori.

PUBLICIDADE