Triunfa en YouTube un vídeo de presos filipinos bailando Thriller

martes, 31 de xullo do 2007 Marcus Fernández

YouTube non para de sorprender éxitos dan a volta ó mundo en poucos días, tocándolle nesta ocasión ós detidos nunha prisión filipina acadar os seus 15 minutos de fama, xa que o clip que os amosa bailando co seu traxe laranxa a canción Thriller de Michael Jackson acadou xa varios millóns de visualizacións.


Os presos da CPDRC emulando a Michael Jackson

Estes días hai moitos usuarios da Internet que se achegan a YouTube para ver cómo os presos da CPDRC sita na illa filipina de Cebu bailan sincronizadamente non só temas de Michael Jackson, senón tamén cancións dos Village People, de Queen e mesmo da banda sonora de Sister Act.
Os vídeos naceron da idea do conselleiro de seguridade, Byron García, que ante as protestas dos presos polos exercicios de ximnasia, decidiu instalos a transformalos en pasos de baile, o que resultou moi do agrado dos 1.600 detidos, que cada vez fan coreografías máis complexas.