Twitch Prime achega de balde até 12 meses de Nintendo Switch Online

venres, 29 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Para gozar do xogo en liña na Nintendo Switch é precisa actualmente unha subscrición de pagamento que custa entre 3,99 euros/mes e 19,99 euros/ano, pero os subscritores de Twitch Prime (servizo incluíndo en Amazon Prime) están a estrear unha nova oferta: a posibilidade de solicitar 3 meses de acceso a Nintendo Switch Online de balde, para renovarla por 9 meses máis cando se desbloquee, ou sexa que conseguen até 12 meses de servizo de balde.
Esta oferta estará en vigor até o 24 de setembro, tendo que solicitarse a subscrición de 9 meses até 60 días despois da solicitude inicial. Esta promoción só está dispoñible para subscricións individuais, ou sexa, que no pode aplicarse a subscricións familiares.
Aparte de permitir xogar en liña, Nintendo Switch Online tamén inclúe gardado de datos na nube, aplicación para móbiles para poder gozar de chat de voz, ofertas especiais e un catálogo de xogos clásicos de NES, así como a posibilidade de gozar do battle royale máis sorprendente do ano: Tetris 99.

A oferta de Twitch Prime inclúe até 12 meses de Nintendo Switch Online sen custo adicional

PUBLICIDADE