Ubisoft anuncia The Division 2

xoves, 8 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O xogo Tom Clancy’s The Division chegou ao mercado o 8 de marzo de 2016, e tras dous anos recibindo contido e recibindo actualizacións (sendo a máis recente a 1.8), chegou a hora de dar un paso adiante, e Ubisoft anunciou a súa secuela, The Division 2, que está a desenvolverse por parte de Massive Entertainment en colaboración con Ubisoft Reflections, Red Storm Entertainment, Ubisoft Annecy, Ubisoft Shanghai e Ubisoft Bucharest, e contará cunha versión actualidade do motor Snowdrop, o que permitirá que a nova entrega sexa aínda máis ambiciosa que o título orixinal.
Polo momento non hai moitos detalles deste novo traballo, pero Ubisoft parece querer xerar confianza, de aí que anunciasen que non cesaron de traballar en The Division, entrega que en abril recibirá a actualización 1.8.1 (que contará co parche que mellorará o xogo en Xbox One X e novos modos de xogo) e en xuño contará coa actualización 1.8.2 (que incluirá tamén novos modos de misión). The Division tamén ten confirmados eventos mensuais até setembro, polo que os xogadores que seguen fieis a este título poderán seguir gozando do mesmo durante unha boa tempada, mantendo así o interese e a expectación nesta serie que pode rematar converténdose nunha saga de éxito.

Novo Call of Duty

Curiosamente non é o único anuncio dun xogo de acción nas últimas horas, senón que tamén se fixo oficinal que o vindeiro Call of Duty será un Black Ops 4, que presentarase amplamente o 17 de maio e chegará ao mercado o 12 de outubro.

Vídeo de adianto de Black Ops 4

PUBLICIDADE