Ubisoft fará un xogo da serie Heroes
venres, 27 de xullo do 2007
Adiantan que en 2008 poderemos ver un xogo de acción
en terceira persoa tanto para PC como para as consolas de nova xeración baseado
na serie de televisión Heroes que
actualmente emite a TVG.
Ubisoft
será a empresa encargada do desenvolvemento do novo videoxogo segundo se
anunciou na feira Comic-Con que se está celebrar estes dÃas en San Diego
(EE.UU.). Incluso o creador da serie, Tim Kring, declarou que procurarán unha
certa relación entre os arcos argumentais da serie e o xogo, de xeito que non
se recrearán os eventos que vemos na televisión, senón que serÃan paralelos ou
complementarios como xa fixeron noutros produtos semellantes (podemos lembrar o
caso de Enter The Matrix) o que supón
todo un reto, de xeito que os responsables de Heroes manterán o control último sobre o que farán dende Ubisoft,
polo que podemos agardar un produto que satisfaga as expectativas dos
seguidores das aventuras de Hiro e os seus amigos.
