Ubisoft ofrece de balde 3 xogos ós que lle engadiu publicidade

luns, 3 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Moito se ten falado da posibilidade de publicar videoxogos de balde a cambio de publicidade, e Ubisoft quere experimentar esta posibilidade, de xeito que publica versións de 3 dos seus xogos que inclúen anuncios pero que, pola contra, son de balde.
Far Cry, Prince of Persia: The Sands of Time e Rayman’s Raving Rabbids son os primeiros xogos de Ubisoft en estear esta fórmula de comercialización, e xa tiveran bastante éxito nas súas edicións de pago, e agora acadan así unha segunda vida.
De tódolos xeitos hai que advertir que as descargas dos xogos dende FilePlanet non son precisamente lixeiras, pois as entregas de Prince of Persia e Rayman ocupan aproximadamente 1,2 Gb, mentres que Far Cry ten un tamaño de 2,7 Gb, polo que a súa descarga pode resultar lenta (tendo tamén que agardar uns 45 minutos para comezar a descarga de ser un usuario de balde de FilePlanet).

PUBLICIDADE