Ultiman o retorno dos Tamagotchi en forma de xogo móbil

venres, 24 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Nos anos 90 Bandai explotou globalmente o fenómeno das mascotas virtuais coñecidas como Tamagotchi, e para manter esta marca vida nos últimos anos non foron poucas as iniciativas que buscaban pór de moda outra vez estas criaturas virtuais que precisaban da nosa atención e coidado, o que en 2018 será un xogo completamente novo para iOS e Android: My Tamagotchi Forever.
Este novo produto quere aproveitar a nostalxia polo fenómeno nacido hai 20 anos, e adopta a forma de xogo móbil que pode descargarse de balde e que permitirá criar a personaxes Tamagotchi e compartir as súas aventuras cos amigos. Os Tamagotchi dentro da aplicación precisarán dos nosos coidados diarios, para manter unha boa saúde e un bo estado de ánimo, de xeito que haberá que alimentalos, lavalos, entretelos e incluso metelos na cama para que descansen.
O lanzamento deste xogo en España parece que serán bastante pronto, xa que actualmente xa está en probas en Canadá, onde pode descargarse da súa App Store, de xeito que o título está a probarse de xeito intensivo para que o seu lanzamento global sexa o mellor posible e non padeza serios problemas como acontece moitas veces con grandes estreas que non foron sometidas a moitas probas antes de enfrontarse á complexa realidade.

Tráiler de presentación de My Tamagotchi Forever

PUBLICIDADE