Ultimate Band confÃrmase coma un xogo musical casual
martes, 24 de xuño do 2008Disney
Interactive vai entrar no sector dos xogos musicais apuntando a un público
casual e xuvenil, en vez da orientación máis adulta que fan tÃtulos coma Guitar Hero ou Rock
Band.
Ultimate
Band será asÃ
un tÃtulo para Nintendo Wii que funcionará mediante o mando da Wii e o Nunchuk,
de xeito que non precisará da adquisición de periféricos coma guitarras, o que
agradecerán moitas economÃas familiares.
Tamén destaca por apostar por versións das cancións, o que dá unha maior
flexibilidade ao xogo, que non se ten que cinguir a versións orixinais, de
xeito que incluso o vocalista pode ser home ou muller de xeito indistinto.
O xogador poderá manexar a baterÃa, a guitarra eléctrica, o baixo e mesmo ao
cantante, aÃnda que neste último caso o control corresponderá ao xeito de
bailar do mesmo.
Este novo tÃtulo, que chegará a tempo para o Nadal e non está orientado a seguidores
de anteriores tÃtulos musicais (para os que resultará extremadamente doado)
senón para xogadores ocasionais, o que supón un cambio estratéxico neste tipo
de xogos que poderÃa facerse tamén cun importante nicho de usuarios.