Un accesorio permitirá engadir botóns traseiros ao mando da PS4
martes, 17 de decembro do 2019
O vindeiro 14 de febreiro sairá á venda en España a un prezo
de 29,99 euros un
accesorio que permite incorporar botóns traseiros para o mando DUALSHOCK 4,
de xeito que podemos asignar ata 16 accións diferentes aos 2 botóns traseiros engadidos
e controlar a súa configuración personalizada mediante a pantalla OLED
integrada.
Este tipo de accesorio está claramente dirixido a xogadores competitivos, que
buscan unha maior versatilidade e rendemento nas súas partidas, mantendo a
comodidade de usar un mando sen fÃos. A alta configurabilidade deste accesorio
permite mudar os movementos asignados aos botóns traseiros sobre a marcha, de
xeito que o usuario pode adaptase a diferentes situacións de xogo, sendo tamén
posible almacenar ata 3 perfÃs diferentes para utilizalos en varios xogos. O
accesorio tamén conta cun conector de 3,5 milÃmetros para auriculares.
VÃdeo promocional dos botóns traseiros para o mando DUALSHOCK 4
