Un ataque deixa fóra de servizo os servidores do rexistrador de dominios de Internet Go Daddy

luns, 10 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Mensaxe que figura na páxina web de Go Daddy no momento de escribir estas liñas

Nas últimas horas numerosas páxinas web de todo o mundo pasaron a estar fóra de servizo, non por problemas nos seus sistemas, senón por depender dos servidores de nomes de Internet de Go Daddy, servizo que estaría a recibir un ataque de denegación de servizo reivindicado por un individuo dado a coñecer como Anonymous Own3r (non estariamos ante unha acción do colectivo coñecido como Anonymous).
Dende Go Daddy recoñeceron o fallo e informaron sobre o mesmo a través de canles alternativas (como Facebook ou Twitter) durante o tempo no que a súa propia páxina web quedou fóra de servizo (actualmente amosa unha mensaxe na que aseguran estar a traballar na recuperación dos seus servizos), e parece que pouco a pouco as páxinas web que dependen deles comezan a estar accesibles en certos territorios.
As páxinas web que quedaron fóra de servizo son as que dependían do servidores de nomes cns1.secureserver.net, cns2. Secureserver.net e cns3.secureserver.net, o que reabre o debate sobre a seguridade nos servizo na Rede, e a necesidade de adoptar máis medida que impidan incidencias que afecten a milleiros de páxinas web á vez.
ACTUALIZACIÓN (11-9-2012): Dende Go Daddy asumen a culpa do fallo dos servidores de DNS e negan que fose consecuencia dun ataque.

Imaxe dun dos anuncios televisivos de Go Daddy