Un centenar de persoas participa nos cursos de informática de Compostela Monumental
xoves, 8 de febreiro do 2024
Compostela Monumental (Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do centro histórico de Santiago) celebrou unha sesión de probas de nivel para distribuír a máis das 100 alumnas e alumnos participantes nos distintos cursos de Informática que organiza a patronal santiaguesa, nas súas modalidades de Nivel Básico e Nivel Avanzado. Esta formación abéirase ao Programa Integrado de Emprego (PIE) da asociación.
A distribución en grupos, segundo informou a patronal, resulta imprescindíbel para “conformar grupos de traballo máis eficientes e optimizar o nivel actual do alumnado”.
Desta forma os homes e mulleres que conforman o PIE da patronal do centro histórico recibirán unha formación tecnolóxica que lles axudará, nas súas modalidades, a mellorar coñecementos e aumentar as súas posibilidades de conseguir un emprego no sector servizos da cidade.
O Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental finalizará en novembro de 2024 cun obxectivo mínimo de inserción do 45% e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación para ou Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.